Pleno ordinario abril 2025
ORDE DO DÍA
1. Actas anteriores: Sesión Ordinaria do 31 de marzo de 2025.
Declaracións institucionais.
2. Declaración Institucional con motivo do 8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano. Expte. Pleno 4912/1101.
PARTE RESOLUTIVA
Ditames das comisións informativas:
ORZAMENTOS E FACENDA
3. Dar conta da Resolución pola que se aproba o Marco Orzamentario para o período 2026-2028. Expediente 95/142. (Expte. Pleno 4889/1101).
4. Dar conta do Estado de execución do estado de gastos e ingresos do orzamento correspondente ao primeiro trimestre do 2025, así como do de tesourería por operacións orzamentarias e non orzamentarias. Expediente 306/143. (Expte. Pleno 4902/1101).
5. Dar conta do Informe trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos prazos para o pago das obrigacións previstas nas leis, correspondente ao 1º trimestre do 2025. Expte. 29350/541. (Expte. Pleno 4903/1101).
Mocións:
6. Moción do grupo municipal Socialista reprobando a actuación do Presidente da RFEF, esixindo a restitución de Vigo como sede do Mundial 2030 e acordos complementarios. Expte. 4917/1101.
7. Moción do grupo municipal Socialista instando á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a inversión necesaria para a reforma integral dos colexios públicos vigueses e acordos complementarios. Expte. Pleno 4918/1101.
8. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a desbloquear as actuacións que ten pendentes na cidade de Vigo. Expte. Pleno 4919/1101.
9. Moción do grupo municipal Socialista en apoio ao proxecto de construción da nova autovía A-52 Vigo-Porriño, en túnel. Expte. 4920/1101.
10. Moción do grupo municipal Socialista instando ao goberno da Xunta de Galicia a decretar a gratuidade dos aparcamentos do Hospital Alvaro Cunqueiro. Expte. Pleno 4921/1101.
PARTE DE CONTROL
Mocións.
11. Moción do grupo municipal do BNG pola remunicipalización do servizo de autobús urbano de Vigo. Expte. Pleno 4913/1101.
12. Moción do grupo municipal do Partido Popular sobre a retirada da Medalla da Cidade á ex presidenta de ADIF, Dª Isabel Pardo de Vera. Expte. Pleno 4922/1101.
Resolucións.
13. Dación de conta da contratación, mediante trámite de emerxencia, das obras de execución subsidiaria de derruba de edificación en situación de ruina inminente na estrada Ponte Segade núm. 48. Expte. 17623/407 (Expte. Pleno.
14. Dar conta de resolucións da Alcaldía ditadas entre o 24/03/25 e o 21/04/25, incluídas no expediente 1829/1102 (Expte. Pleno 4908/1102)
15. Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as, ditadas entre o 24/03/25 e o 21/04/25, incluídas no expediente 1830/1102 (Expte. Pleno 4909/1101).
16. Formulación de rogos.
17. Formulación de preguntas.
| Documento | Formato | Tamaño | |
|---|---|---|---|
| Acta pleno 28 de abril | 338 KiB |