Pleno ordinario outubro 2025
ORDE DO DÍA
1. Actas anteriores: Ordinaria do 29 de setembro de 2025.
PARTE RESOLUTIVA
Ditames das comisións informativas:
ORZAMENTOS E FACENDA
2. Estado de execución do estado de gastos e ingresos do orzamento correspondente ao terceiro trimestre do 2025, así como do movemento de tesourería por operacións orzamentarias e non orzamentarias; dación de conta. Expediente 378/143. (Expte. Pleno 5148/1101).
3. Informe trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos prazos para o pago das obrigacións previstas nas leis, correspondente ao 3º trimestre do 2025; dación de conta. Expte. 30037/541. (Expte. Pleno 5149/1101).
Mocións:
4. Moción do grupo municipal do BNG urxindo a aplicación de medidas diante da situación de emerxencia habitacional en Vigo. Expte. 5173/1101.
5. Moción do grupo municipal Socialista instándolle á Xunta de Galicia se responsabilice da xestión dos servizos educativos complementarios. Expte. 5172/1101.
6. Moción do grupo municipal Socialista instando ao goberno da Deputación Provincial de Pontevedra a incluír nos seus orzamentos do 2026 a partida correspondente para fixar o convenio anual do Concello de Vigo, nun mínimo de 6.5 millóns de euros. Expte. 5168/1101.
7. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a facer públicas as contas de Turgalicia. Expte. 5171/1101.
8. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia á remisión ao Ministerio de Sanidade dos datos actualizados sobre distintos tipos de cancro. Expte. 51741101.
9. Moción do grupo municipal Socialista reprobando a actitude da Xunta de Galicia e nomeadamente ao conselleiro de Sanidade, por rexeitar que Vigo conte cunha Facultade de Medicina.
Expte. 5170/1101.
PARTE DE CONTROL
Mocións.
10. Moción do grupo municipal do Partido Popular sobre a perda e devolución de Fondos Europeos Next Generation concedidos a este Concello, pola manifesta incapacidade do goberno municipal á hora de acometer os proxectos beneficiados en
tempo e forma dentro dos prazos establecidos. Expte. 5167/1101.
Resolucións.
11. Delegación de competencias específicas do Alcalde en concelleiros 2023-2027; dación de conta. Expediente 1499/1102. (Expte. Pleno 5139/1101).
12. Resolución de estrutura da administración do Concello de Vigo: modificación da delegación de competencias 2023-2027; dación de conta. Expediente 1482/1102. (Expte. Pleno 5140/1101).
13. Delegacións especiais en concelleiros/as; dación de conta. Expediente 1134/1102. (Expte. Pleno 5141/1101).
14. Resolucións da Alcaldía ditadas entre o 19/09/25 e o 16/10/25; dación de conta. Incluídas no expediente do Pleno 5162/1101.
15. Resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as, ditadas entre o 19/09/25 e o 16/10/25; dación de conta. Incluídas no expediente do Pleno 5163/1101.
16. Formulación de rogos.
17. Formulación de preguntas.
| Documento | Formato | Tamaño | |
|---|---|---|---|
| acta Pleno 27 de outubro130700202 | 1 MiB |