Pleno ordinario novembro 2025
ORDE DO DÍA
1. Actas anteriores: ordinaria do 27 de outubro e extraordinaria do 14 de novembro 2025.
Declaracións institucionais.
2. Declaración Institucional polo 25 de novembro, “Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller". Expte 14211/224 (Expte. Pleno 5197/1101).
PARTE RESOLUTIVA
Ditames das comisións informativas:
PATRIMONIO HISTÓRICO, CULTURA, IGUALDADE E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
3. Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Vigo, mediante o que se prorroga ata o 31 de decembro de 2029 a vixencia do Consorcio do Casco Vello de Vigo e se aproba o marco financeiro para o período 2026-2029. Expediente 5160/1101. (Expt. Pleno 5195/1101).
SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
4. Solicitude de compatibilidade de funcionario de carreira. Expediente 47528/220. (Expte. Pleno 5209/1101).
Mocións:
5. Moción do grupo municipal do BNG sobre a necesidade de incrementar os recursos públicos para facer fronte á violencia machista. Expte. 5210/1101.
6. Moción do grupo municipal do Partido Popular para dar impulso a conexión ferroviaria entre Vigo e Portugal a través da saída sur e solicitar a reprobación do Ministro de Transportes, Óscar Puente. Expte. 5211/1101.
7. Moción do grupo municipal Socialista instándo á Xunta de Galicia a poñer en marcha un plan para rebaixar o tempo de espera na Área Sanitaria de Vigo. Expte. 5212/1101.
8. Moción do grupo municipal Socialista para ratificar o compromiso do Concello de Vigo coa loita contra a violencia de xénero. Expte. 5213/1101.
9. Moción do grupo municipal Socialista de reprobación da Xunta de Galicia en relación coa facultade de Medicina para Vigo. Expte. 5214/1101.
10. Moción do grupo municipal Socialista sobre o rexeitamento da incautación do edificio dos antigos Xulgados, a través da Lei de medidas fiscais e administrativas da Xunta de Galicia. Expte. 5215/1101.
PARTE DE CONTROL
Resolucións.
11. Delegación de competencias da Xunta de Goberno Local nos concelleiros/as de Área de Goberno e concelleiros/as delegados/as; dación de conta. Expediente 1483/1102. (Expte. Pleno 5164/1101).
12. Resolucións da Alcaldía ditadas entre o 17/10/25 e o 16/11/25; dación de conta. Incluídas no expediente do Pleno 5207/1101.
13. Resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as, ditadas entre o 17/10/25 e o 16/11/25; dación de conta. Incluídas no expediente do Pleno 5208/1101.
14. Formulación de rogos.
15. Formulación de preguntas.