Pleno ordinario febreiro 2026
ORDE DO DÍA
1. Actas anteriores: ordinaria do 26 de xaneiro do 2026.
Declaracións institucionais.
2. Declaración Institucional do Pleno do Concello de Vigo polo día Mundial das Enfermidades Raras e Crónicas 2026. Expte. Pleno 5314/1101.
PARTE RESOLUTIVA
Ditames das comisións informativas:
PATRIMONIO HISTÓRICO, CULTURA, IGUALDE E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
3. Aprobación do V Plan integral de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes da cidade de Vigo 2026-2030. Epxte. 14362/224 (Expte. Pleno 5311/1101).
ORZAMENTOS E FACENDA
4. Resolución da Alcaldía polo que se aproba a Liquidación do Orzamento deste Concello de Vigo, da Xerencia Municipal de Urbanismo e do resto dos entes que conforman o Grupo de consolidación, correspondente ao exercicio 2025; dación de conta. Expte. 435/143 (Expte. Pleno 5308/1101).
URBANISMO
5. Aprobación inicial da Ordenanza Municipal Reguladora da tramitación de licenzas urbanísticas e outras forma de intervención administrativa. Expte. 1107/400 (Expte. Pleno 5315/1101).
6. Aprobación inicial da Ordenanza Municipal Reguladora da implantación, intensidade e funcionamento das vivendas de uso turístico (VUT) e dos apartamentos e vivendas de uso turístico (AT). Epte. 129198/421 (Expte. Pleno 5316/1101).
Mocións:
7. Moción do grupo municipal do BNG para conseguir avanzar en igualdade real e efectiva fronte ao rearmamento do machismo. Expte. 5326/1101.
8. Moción do grupo municipal Socialista trasladando ao Presidente do Goberno de España o seu recoñecemento por atender a petición do Alcalde a dotar á cidade da alta tensión eléctrica. Expte. 5322/1101.
9. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a modificar os cocientes actuais de enfermeiras/os nos centros de atención á dependencia de Vigo. Expte. 5323/1101.
10. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia á dotación urxente de máis recursos humanos especializados nos centros educativos vigueses e outros acordos complementarios. Expte. 5324/1101.
11. Moción do grupo municipal Socialista censurando á Xunta de Galicia porque non se cambiou a cuberta do CEP Celso Emilio Ferreiro, dado o risco que existía para a comunidade escolar, tendo que facer as obras o Concello de Vigo para salvagardar a seguridade. Expte. 5325/1101.
PARTE DE CONTROL
Mocións.
12. Moción do grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno local a iniciar os trámites para que a Festa da Reconquista acade o recoñecemento como Festa de interés turístico internacional. Expte. 5329/1101.
Resolucións.
13. Dar conta de resolucións da Alcaldía ditadas entre o 20/01/26 e o 15/02/26, incluídas no expediente do Pleno 5318/1101.
14. Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as, ditadas entre o 20/01/26 e o 15/02/26, incluídas no expediente do Pleno 5319/1101.
15. Dar conta do escrito do grupo municipal do Partido Popular, de data 17.02.26, comunicando o cambio de portavocía. Expte. Pleno 5320/1101.
16. Formulación de rogos.
17. Formulación de preguntas.