Pleno ordinario marzo 2026
ORDE DO DÍA
1. Actas anteriores: Ordinaria do 23 de febreiro, extraordinaria do 12 de marzo e extraordinaria e urxente do 24 de marzo do
2026.
Declaracións institucionais.
2. Declaración Institucional con motivo do 8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano. Expte. Pleno 5379/1101.
PARTE RESOLUTIVA
Ditames das comisións informativas:
SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
3. Seguimento Plan Anual Normativo do Concello de Vigo para o ano 2025; dación de conta. Expediente 1742/110 (Expte. Pleno 5349/1101).
4. Solicitude de compatibilidade de funcionaria de carreira. Expediente 47844/220 (Expte. Pleno 5347/1101).
ORZAMENTOS E FACENDA
5. Modificación Orzamentaria 22/2026 do Orzamento do Concello de Vigo para 2026, aprobación inicial; expte. 101/142. (Expte. Pleno 5337/1101).
6.- Modificación Orzamentaria 2/2026 da Xerencia Municipal de Urbanismo para 2026, aprobación inicial; Expte. 18735/407 (Expte. Pleno 5384/1101).
Mocións:
7. Moción do grupo municipal do BNG en favor da Paz, contra o militarismo e para frear as consecuencias da guerra. Expte. 5390/1101.
8. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia que modifique o plan funcional do SERGAS para que siga mantendo a actividade sanitaria o centro de saúde Nicolás Peña. Epxte. 5392/1101.
9. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia e á Deputación de Pontevedra a que acheguen a mesma cantidade que o Concello para a ampliación da grada de Tribuna do estadio de Balaidos. Expte. 5393/1101.
10. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a poñer en marcha un plan específico de cubrición de patios nos centros educativos públicos vigueses. Expte. 5394/1101.
11. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia e á Deputación de Pontevedra a que destinen á Festa da Reconquista de Vigo a mesma achega económica que realiza o Concello de Vigo. Expte. 5395/1101.
12. Moción do grupo municipal Socialista instando a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra á consignación orzamentaria para o aseguramento de rutas nacionais e internacionais dende o aeroporto de Vigo. Expte. 5396/1101.
PARTE DE CONTROL
Mocións.
13. Moción do grupo municipal do Partido Popular instando ao Concello de Vigo a dialogar e pactar coas entidades sociais e veciñais de Teis, proxectos estratéxicos do barrio como a humanización do Monte da Guía e a praia artificial de A Punta.
Expte. 5391/1101.
Resolucións.
14. Resolución pola que se aproba o Marco Orzamentario para o período 2027-2029; dación de conta. Expediente 102/142. (Expte. Pleno 5348/1101).
15. Dar conta de resolucións da Alcaldía ditadas entre o 16/02/26 e o 18/03/26, incluídas no Expte. Pleno 5385/1101.
16. Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as, ditadas entre o 16/02/26 e o 18/03/26, incluídas no Expte. Pleno 5386/1101.
17. Formulación de rogos.
18. Formulación de preguntas.