Pleno ordinario Marzo
ORDE DO DÍA
PARTE RESOLUTIVA
1. Actas anteriores: Ordinaria do 23.02.2022.
2. Toma de posesión da nova concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular, dona Carlota Bartolomé Tocino. Expte. Pleno 3341/1101.
Declaracións institucionais.
3. Declaración Institucional de condena da invasión Rusa sobre Ucraína. Expte. Pleno 3366/1101.
Ditames das comisións informativas:
ORGANIZACIÓN MUNICIPAL, SEGURIDADE, DINAMIZACIÓN ADMINISTRATIVA E I+D
4. Proposta de aprobación definitiva da modificación da ordenanza municipal reguladora do servizo de Taxi da cidade de Vigo. Expte. 2319/449 (Expte. Pleno 3330/1101).
5. Proposta de delegación de competencias e habilitación de sinatura de convenio de colaboración coa Academia Galega de Seguridade Pública para a selección do persoal da Policía Local do Concello de Vigo. Expte. 39351/220 (Expte. Pleno 3352/1101).
6. Solicitude de compatibilidade funcionario interino. Expte. 39300/220 (Expte. Pleno 3343/1101).
ORZAMENTOS E FACENDA
7. Dar conta ao Pleno dos informes definitivos de control financeiro das actuacións incluídas no Plan Anual de Control Financeiro 2021. Expte. 102875/140 (Expte. Pleno 3328/1101).
8. Dar conta ao Pleno do informe resumo dos resultados do control interno do exercicio 2021. Expte. 102882/140 (Expte. Pleno 3329/1101).
9. Dar conta ao Pleno da memoria do Tribunal Económico- Administrativo do ano 2021. Expte. 5499/550 (Expte. Pleno 3331/1101).
10. Dar conta ao Pleno do marco orzamentario 2023-2025. Expte. 215/143 (Expte. Pleno 3342/1101).
11. Aprobación definitiva da Modificación Orzamentaria, nº 12/2022, de crédito extraordinario e suplemento de crédito con remanente líquido de tesourería. Expediente 74/142 (Expte. Pleno 3353/1101).
URBANISMO
12. Aprobación inicial da Modificación de Crédito nº 3/2022 da Xerencia Municipal de Urbanismo (Crédito Extraordinario para varios investimentos). Expte. 14306/407 (Expte. Pleno 3354/1101)
Mocións:
13. Moción do concelleiro membro non adscrito, relativa ás actuacións que deben impulsar os gobernos galego e central para mitigar o impacto do medre disparado da inflación na sociedade e economía galegas. Expte. Pleno 3360/1101.
14. Moción do grupo municipal Mixto, solicitando apoio á resolución do conflito do Sáhara. Expte. Pleno 3361/1101.
15. Moción do grupo municipal do Partido Popular solicitando rectificar e incluír a conexión de Vigo á rede de Moi Alta Tensión para 2021-2016 e a construción dunha nova subestación en
Balaídos e outros acordos complementarios. Expte. Pleno 3362/1101.
16. Moción do grupo municipal Socialista, instando á Xunta de Galicia a que financie o 100% do custo do servizo de atención educativa nas escolas infantís municipais e a garantir a gratuidade do servizo de comedor nas escolas infantís de titularidade autonómica. Expte. Pleno 3363/1101.
17. Moción do grupo municipal Socialista, instando á Xunta de Galicia a que aporte ao Concello de Vigo a parte dos 224 millóns que lle corresponde de acordo a poboación real da cidade. Expte. Pleno 3364/1101.
18. Moción do grupo municipal Socialista, instando á Xunta de Galicia unha liña de axudas que favoreza a mobilidade dende o Aeroporto de Vigo a Madrid, Barcelona, así como con outras cidades de España e Europa. Expte. Pleno 3365/1101.
PARTE DE CONTROL
19. Dar conta de resolucións da Alcaldía, dende o 15.02 ao 17.03.33. Expte. 1171/1102 (Expte. Pleno 3355/1101).
20. Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as,dende o 15.02 ao 17.03.33. Expte. 1172/1102 (Expte. Pleno 3356/1101).
21. Dar conta ao Pleno do acordo da XGL das “Delegacións da Xunta de Goberno Local nos concelleiros e concelleiras delegados/as de área e nos demais delegados/as de competencias”. Expte. 601/1102 (Expte. Pleno 3333/1101).
22. Formulación de rogos.
23. Formulación de preguntas.
Documento | Formato | Tamaño | |
---|---|---|---|
Acta pleno 30 de Marzo | 936 KiB |