00:00:00
 +/- 20s

Pleno ordinario xaneiro 23

Canal Plenos
Título Pleno ordinario xaneiro 23
 
Órgano Pleno
  (Mandato 2019-2023)
 
Fecha 25 de Enero de 2023, 09:07
Duración 4h. 2m.
 

ORDE DO DÍA
PARTE RESOLUTIVA

1. Actas anteriores: Extraordinaria do 23 de decembro e ordinaria do 28 de decembro de 2022.

2. Aprobación da rectificación e actualización do Inventario Municipal de Bens e Dereitos do Concello de Vigo. Expte. 21067/240 (Expte. Pleno 3690/1101)


3. Aprobación definitiva da desafectación do dominio público de parcelas e edificacións municipais de equipamento deportivo, reserva de estacionamento e parque urbano de Cornixa nos terreos da antiga ETEA. Expte. 21023/240 (Expte. Pleno 3689/1101).

4. Dar conta do Informe trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos prazos de pago das obrigas do Concello de Vigo, Organismo Autónomo Administrativo Xerencia Municipal de Urbanismo e Fundacións que pertencen ao perímetro de consolidación, correspondente ao 4º trimestre do ano 2022 e PMP dos 12 meses do ano 2022. Expte. 26473/541 (Rexistro Pleno 3698/1101).

5. Moción do grupo municipal Mixto instando a garantir o dereito ao aborto, rexeitando actitudes como as expresadas polo goberno de Castela e León, e na defensa da reforma da Lei do Aborto. Expte. Pleno 3707/1101.


6. Moción do grupo municipal do Partido Popular relativa á modificación da Lei Orgánica 10/2022, do 6 de setembro, e á solicitude de desculpa, rectificación e cesamento inmediato da ministra e a secretaria de Estado de Igualdade. Expte. 3708/1101.


7. Moción do grupo municipal Socialista para colaborar activamente na recollida de sinaturas promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, para conquerir a Iniciativa Lexislativa Popular para Salvar e Fortalecer a Atención Primaria, apoiar a manifestación do 12 de febreiro e outros acoros complementarios. Expte. 3709/1101.


8. Moción do grupo municipal Socialista instando ao Presidente da Xunta de Galicia a destinar, con cargo aos seus Orzamentos 2023, polo menos a cantidade de 305 millóns de euros que se corresponden co peso poboacional da cidade de Vigo. ·Expte. 3710/1101.


9. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a que, de forma urxente, modifique a normativa reguladora da Renda de Inclusión Social de Galicia, co obxecto de facela complementaria e compatible co Ingreso Mínimo Vital. Expte. 3711/1101.


10. Moción do grupo municipal Socialista demandando da Xunta de Galicia unha liña de axudas que favoreza a mobilidade dende o Aeroporto de Vigo con Madrid, Barcelona, asi como con outras cidades de España e Europa, e outros acordos complementarios. Expte. 3712/1101.


11. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a incluír nos Orzamentos autonómicos partidas para as orquestras de música clásica, bandas de música populares e outros acordos complementarios. Expte. 3713/1101.

12. Dar conta de resolucións da Alcaldía, dende o 20.12.22 ao 17.01.23. Expte. 1349/1101 (Expte. Pleno 3704/1101).


13. Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as, dende o 20.12.22 ao 17.01.23. Expte. 1348/1101 (Expte. Pleno 3705/1101).


14. Dar conta da Resolución da Alcaldía, de data 27.12.22, declarando o luto oficial polo tráxico accidente no río Lérez. Expte. 1309/1102 (Expte. Pleno 3706/1101).

15. Moción do concelleiro non adscrito en apoio da iniciativa lexislativa popular para salvar e fortalecer a atención primaria e a manifestación do 12 de febreiro en Santiago, en defensa da Sanidade Pública. Expte. Pleno 3701/1101.


16. Formulación de rogos.


17. Formulación de preguntas.

 

Documento Formato Tamaño
Acta pleno ordinario xaneiro 23 PDF 515 KiB
  {{entry.title}}
Videos relacionados

Canales

link_to_download_wait
link_to_download_ajax