Pleno ordinario Febreiro 23
ORDE DO DÍA PARTE RESOLUTIVA 1. Actas anteriores: extraordinaria do 23 de xaneiro e ordinaria do 25 de xaneiro 2023.
Ditames das comisións informativas:
ORZAMENTOS E FACENDA
2. Dar conta da Resolución da Alcaldía polo que se aproba a Liquidación do Orzamento deste Concello de Vigo e do seu organismo autónomo administrativo da Xerencia Municipal de Urbanismo, correspondente ao exercicio 2022. Expte. 244/143 (Expte. Pleno 3723/1101)
URBANISMO
3. Dación de conta da contratación mediante trámite de emerxencia das obras de desmontaxe de fachada en Camiño Seara número 60. Expte.15254/407 (Expte. Pleno 3721/1101).
Mocións:
4. Moción do concelleiro non adscrito, en contra da instalación dos parques de eólica mariña ”Volanteiro” e “Celta II”. Expte. Pleno 3736- 1101.
5. Moción do grupo municipal do Partido Popular para reclamar ao Goberno de España a débeda de 4.100 millóns de euros do Estado con Vigo en investimentos estratéxicos, vitais para o futuro da cidade. Expte. Pleno 3735/1101.
6. Moción do grupo municipal Mixto contra a subida dos tipos de interese e en defensa de medidas de alivio alternativas para favorecer ás familias traballadoras. Expte. Pleno 3743/1101.
7. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a aprobar un Plan de Choque urxente para dotar á cidade de Vigo das prazas residenciais públicas necesarias para as persoas maiores e outros acordos complementarios. Expte. Pleno 3739/1101.
8. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a asumir a humanización integral da Avda. de Galicia no proxecto de mellora viaria da estrada PO-323-2ª fase, e que figure nos Orzamentos da Xunta para este ano. Expte. 3740/1101.
9. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a abordar de forma urxente a reforma integral dos centros educativos públicos da cidade de Vigo. Expte. Pleno 3741/1101.
10. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a realizar unha achega ao Concello de Vigo de 15 millóns de euros ao obxecto de construír un novo Estadio de Atletismo na cidade de Vigo. Expte. 3742/1101.
PARTE DE CONTROL
11. Dar conta de resolucións da Alcaldía, dende o 18.01 ao 15.02.23. Expte. 1390/1102 (Expte. Pleno 3737/1101).
12. Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as, dende o 18.01 ao 15.02.23. Expte. 1391/1102 (Expte. Pleno 3738/1101).
13. Dar conta da Resolución da Alcaldía, de data 30.01.23, de delegación na concelleira da Área de patrimonio Histórico, tódalas atribucións precisas para a execución do Proxecto de Rehabilitación e Acondicionamento do Pazo da Raposeira. Expte. 11040/307 (Expte. Pleno 3732/1101).
14. Formulación de rogos.
15. Formulación de preguntas.