00:00:00
 +/- 20s

Pleno ordinario Marzo 23

Canal Plenos
Título Pleno ordinario Marzo 23
 
Órgano Pleno
  (Mandato 2019-2023)
 
Fecha 29 de Marzo de 2023, 09:07
Duración 3h. 6m.
 


ORDE DO DÍA


PARTE RESOLUTIVA
1. Actas anteriores: ordinaria do 22 de febreiro e extraordinaria do 21 de marzo de 2023.

2. Dar conta da Resolución pola que se aproba o Marco Orzamentario para o ano 2024-2026. Expte. 247/143 (Expte. Pleno 3752/1101).


3. Actualización do apartado 2º do acordo plenario do 27 de xaneiro de 1998 sobre a participación do Concello de O Porriño nos custos de operación e mantemento das infraestruturas de captación de auga do encoro de Eiras e Canle ata o punto de entrega, a partir do 1 de xaneiro do 2023. Expte. 2979/500. (Expte. Pleno 3771/1101).

Mocións:
4. Moción do concelleiro membro non adscrito de medidas urxentes fronte ao grave problema da vivenda en Vigo. Expte. Pleno 3783/1101.


5. Moción do grupo municipal Socialista instando ao Goberno da Xunta de Galicia a que reverta de forma inmediata á cidade de Vigo a débeda contraída e derivada pola non execución dos investimentos e gastos por parte dos gobernos do PP da Xunta de Galicia. Expte. Pleno 3786/1101.
 

6. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia á creación de polo menos, dúas novas escolas infantís na cidade, así como o financiamento do custe do servizo da atención educativa e comedor das escolas municipais. Expte. Pleno 3787/1101.
 

7. Moción do grupo municipal Socialista instando ao goberno do Partido Popular da Xunta de Galicia e aos seus cargos políticos que desenvolveron unha campaña contra o Nadal de Vigo de 2022, a desculparse publicamente con esta cidade. Expte. 3788/1101.
 

8. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a cooperar economicamente coas obras de ampliación da Potabilizadora do Casal e outros acordos complementarios. Expte. Pleno 3789/1101.
 

PARTE DE CONTROL


9. Dar conta de resolucións da Alcaldía. Expte. 1403/1102 (Expte. Pleno 3780/1101)


10. Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as. Expte. 1404/1102 (Expte. Pleno 3779/1101)


Mocións.


11. Moción do grupo municipal do Partido Popular instando auditar as instalacións, aclarar as circunstancias das mortes de animais no VigoZoo e transformalo nun parque educativo e de lecer para a infancia e a mocidade. Expte. Pleno 3782/1101.

12. Moción do grupo municipal Mixto solicitando a creación dun observatorio da contratación no Concello de Vigo. Expte. Pleno 3784/1101.


13. Formulación de rogos.


14. Formulación de preguntas

  {{entry.title}}
Videos relacionados

Canales

link_to_download_wait
link_to_download_ajax