Pleno ordinario Decembro 2023
ORDE DO DÍA
PARTE RESOLUTIVA
1. Actas anteriores: ordinaria do 30.10 e extraordinaria do 23.11.23
Ditames das comisións informativas:
URBANISMO
2. Aprobación provisional do documento nomeado “Revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo”. Expte. 15313/411 (Expte. Pleno 4198/1101).
Mocións:
3. Moción do grupo municipal do BNG pola mellora urxente da rede sanitaria pública en Vigo. Expte. 4201/1101.
4. Moción do grupo municipal Socialista instando á Consellería de Cultura, Educación e Universidade a inversión necesaria para a mellora naqueles centros educativos públicos de Vigo que o precisen. Expte. 4203/1101.
5. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a realización dun Plan de Humanizacións das Estradas de titularidade autonómica no Concello de Vigo. Expte. 4204/1101.
6. Moción do grupo municipal Socialista felicitando ao goberno de España polo cumprimento de incluír a moi Alta Tensión para Vigo, así como a reprobación á Xunta de Galicia pola súa falla de iniciativa política. Expte. 4205/1101.
PARTE DE CONTROL
7. Dar conta de resolucións da Alcaldía, dende o 20.11 ao 17.12.23. Expte. 1595/1102 (Expte. Pleno 4196/1101).
8. Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as, dende o 20.11 ao 17.12.23. Expte. 1596/1102 (Expte. Pleno 4197/1101).
Mocións.
9. Moción do grupo municipal do Partido Popular sobre o incumprimento das obrigas por parte do Goberno Local de Vigo na supervisión e control á concesionaria de transporte público da cidade (VITRASA). Expte. 4202/1101.
10. Formulación de rogos.
11. Formulación de preguntas.