Pleno ordinario febreiro 2024
ORDE DO DÍA
PARTE RESOLUTIVA
1. Actas anteriores: Extraordinaria do 22.01, ordinaria do 29.01 e extraordinaria do 12.02.2024.
Declaracións institucionais.
2. Declaración Institucional do Pleno do Concello de Vigo polo día Mundial das Enfermidades Raras e Crónicas 2024. Expte. Pleno 4277/1101.
3. Toma de coñecemento da renuncia ao cargo de concelleira presentada por Dª Marta Fernández-Tapias Núñez, pertencente ao grupo municipal do Partido Popular (Rexistro Pleno 4280/1101).
Ditames das comisións informativas:
SEGURIDAD, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
4. Proposta de compatibilidade para actividade privada do Sr. Lorenzo Fontán, persoal eventual ao servizo do Concello de Vigo. Expte. 43629/220. (Expte. Pleno 4283/1101).
ORZAMENTOS E FACENDA
5. Dar conta da Resolución da Alcaldía polo que se aproba a Liquidación do Orzamento deste Concello de Vigo e do seu organismo autónomo administrativo da Xerencia Municipal de Urbanismo, correspondente ao exercicio 2023. Expte. 274/143 (Expte. Pleno 4265/1101)
Mocións:
6. Moción do grupo municipal Socialista instando esixirlle á Consellería de Cultura, Educación e Universidade os investimentos necesarios para a substitución de todas as caldeiras máis antigas dos centros escolares vigueses por unhas de maior eficiencia enerxética. Expte. Pleno 4286/1101.
7. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a decretar a gratuidade dos aparcadoiros do Hospital Álvaro Cunqueiro, pertencentes ao SERGAS, ao igual que é gratuíto o construído polo Concello e outros acordos complementarios. Expte. Pleno 4287/1101.
PARTE DE CONTROL
Mocións.
8. Moción do grupo municipal do BNG, instando ao goberno municipal a utilizar os remanentes municipais para a atención das necesidades reais da cidade. Expte. Pleno 4281/1101.
9. Moción do grupo municipal do Partido Popular sobre a entrada en prisión do ex alcalde pedáneo de Bembrive, polos delitos de prevaricación, falsidade documental e malversación de fondos públicos. Expte. Pleno 4279/1101.
Resolucións.
10. Dar conta de resolucións da Alcaldía, ditadas entre o 22/01/24 e o 18/02/24, incluídas no expediente 1637/1102 (Expte. Pleno 4284/1101).
11. Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as, ditadas entre o 22/01/24 e o 18/02/24, incluídas no expediente 1638/1102 (Expte. Pleno 4285/1101).
12. Dar conta do Decreto da Alcaldía, de data 8.02.24, de delegación no concelleiro delegado de Fomento e Servizos, tódalas atribucións necesarias no proceso de selección do Estadio Municipal de Balaídos como sede na candidatura da RFEF ao mundial de fútbol da FIFA de 2030. Expte. 1134/1102 (Expte. Pleno 4273/1101).
13. Formulación de rogos.
14. Formulación de preguntas.
Documento | Formato | Tamaño | |
---|---|---|---|
Acta 26 de febreiro | 245 KiB |