Pleno ordinario marzo 2024
ORDE DO DÍA
PARTE RESOLUTIVA
1. Actas anteriores: ordinaria do 26 de febreiro e extraordinaria do 1 de marzo do 2024.
2. Toma de posesión da concelleira electa Dª Patricia García González (Expte. Pleno 4322/1101)
Mocións:
3. Moción do grupo municipal do BNG de medidas para frear o aumento doprezo dos alugueiros e facilitar o acceso social á vivenda na cidade. Expte. Pleno 4333/1101.
4. Moción do grupo municipal do Partido Popular amosando o rexeitamento deste Pleno á decisión do Presidente do Goberno de renunciar a presentar uns Orzamentos Xerais do Estado no 2024. Expte. Pleno 4334/1101.
5. Moción do grupo municipal Socialista instando censurar ao Partido Popular de España polo seu rexeitamento ao Teito de Gasto aprobado polo Goberno e o Congreso dos Deputados (co voto en contra do PP) e outros acordos complementarios. Expte. 4335/1101.
6. Moción do grupo municipal Socialista demandando da Xunta de Galicia que derogue a confinanciación, imposta ao Concello de Vigo, no ámbito dos Servizos Sociais e que asuma cos seus recursos económicos a súa competencia exclusiva. Expte. 4336/1101.
7. Moción do grupo municipal Socialista, instando á Consellería de Medio Ambiente a mostrar o seu compromiso real e prioritario coa candidatura das Illas Cíes a geoparque promovida polo Concello de Vigo e outros acordos complementarios. Expte. 4337/1101.
8. Moción do grupo municipal Socialista, instando ao Partido Popular a respectar a importancia da cidade de Vigo nos nomeamentos, rexeitando que para a Presidencia da Deputación de Pontevedra non designasen a un representante de Vigo. Expte. pleno 4339/1101.
PARTE DE CONTROL
Mocións.
9. Moción do grupo municipal Socialista instando ao goberno municipal a que considere o modelo que debe aplicarse, no relativo a asignación de dedicacións exclusivas, entre o aplicado polo goberno municipal de Vigo ou o acordado polo goberno da Deputación de Pontevedra. Expte. Pleno 4338/1101.
Resolucións.
10. Dar conta da Resolución da Alcaldía, de data 26.02.24, de delegación da Presidencia efectiva e Vicepresidencia das Comisións Informativas do Pleno. Expte. Pleno 4276/1101.
11. Dar conta da Resolución da Alcaldía, de data 7.03.24, relativa ao desempeño das súas funcións en réxime de dedicación exclusiva do concelleiro do grupo municipal do Partido Popular, Sr. Martín Peña. Expte. Pleno 4300/1101.
12. Dáse conta do Decreto da Alcaldía, de data 7.03.24, de modificación da Resolución do 7.02.24, de delegación no Segundo Tenente de Alcalde e concelleiro delegado de Fomento a totalidade das actuacións municipais no proceso de selección do Estadio Municipal de Balaidos como sede na candidatura da RFEF ao Mundial de Fútbol da FIFA 2030. Expte. 1134/1102. (Expte. Pleno 4324/1101).
13. Dar conta de resolucións da Alcaldía ditadas entre o 19/02/24 e o 18/03/24, incluídas no expediente 1651/1102. (Expte. Pleno 4330/1101)
14. Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as, ditadas entre o 19/02/24 e o 18/03/24, incluídas no expediente 1650/1102. (Expte. Pleno 4331/1101).
15. Dáse conta do acordo da Xunta de Goberno Local, de data 8.03.24, de nomeamento de representantes da Corporación na Asemblea da Área Intermunicipal de Vigo (MAIV). Expte. 1465/1102. (Expte. Pleno 4318/1101).
16. Dáse conta do acordo da Xunta de Goberno Local, de data 8.03.24, de delegación da XGL no Segundo Tenente de Alcalde e concelleiro de Área de Goberno de Fomento e Servizos. Expte. 1483/1102. (Expte. Pleno 4319/1101).
17. Dar conta do escrito do voceiro do grupo municipal Socialista, de data 26.02.24, sobre integrantes do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, pasando a ser concelleira titular a Sra. Iglesias López, en substitución do Sr. Losada Alvárez. Expte. Pleno 4292/1101.
18. Dar conta do escrito dos concelleiros do grupo municipal do Partido Popular, de data 1.03.24, designando como voceiro do grupo ao Sr. Martín Peña e suplentes a Sra. Sánchez Méndez e Sr. González Abeijón. Expte. Pleno 4299/1101.
19. Formulación de rogos.
20. Formulación de preguntas.
Documento | Formato | Tamaño | |
---|---|---|---|
Acta pleno 25 de marzo 2024 | 209 KiB |