Pleno ordinario xuño 2024
ORDE DO DÍA
1. Actas anteriores: Ordinaria do 27 de maio de 2024.
Declaracións institucionais.
2. Declaración Institucional sobre a proposta de Lei ELA. Expte. Pleno 4483/1101.
PARTE RESOLUTIVA
Ditames das comisións informativas:
ORZAMENTOS E FACENDA
3. Dar conta do Plan anual de control financeiro do concello de Vigo correspondente ao exercicio 2024. Expte. 102992/140 (Expte. Pleno 4434/1101).
URBANISMO
4. Cambio de uso da parcela destinada a equipamento público sita na Praza do Berbés (Ribeira do Berbés, 35). Expte. 20285/411 (Expte. Pleno 4484/1101).
5. Aprobación definitiva do Plan Especial de Reforma Interior do SU UA3 Montana, Alcabre. Expte. 15903/411 (Expte. Pleno 4485/1101).
Mocións:
6. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a facer públicos os datos sobre dispoñibilidade de vivenda pública protexida en Vigo e a súa área de influencia e outros acordos complementarios. Expte. Pleno 4475/1101.
7. Moción do grupo municipal Socialista instando ao conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia a decretar a gratuidade dos aparcadoiros do Hospital Alvaro Cunqueiro, pertencentes ao SERGAS, e outros acordos complementarios. Expte. Pleno 4476/1101.
8. Moción do grupo municipal Socialista instando á Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia o seu compromiso real coas Areais de Vigo cun aumento proporcional da subvención paupérrima a que opta a nosa cidade, e outros acordos complementarios. Expte. Pleno 4477/1101.
9. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a modificar a actual planificación do verán, que conleva o peche de camas nos hospitais públicos de Vigo e outros acordos complementarios. Expte. Pleno 4478/1101.
10. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a poñer en marcha un plan con mecanismo e instrumentos concretos que leve a rebaixar o tempo de espera nas consultas e nas cirurxías na área sanitaria de Vigo. Expte. Pleno 4479/1101.
PARTE DE CONTROL
Mocións.
11. Moción do grupo municipal do BNG urxindo medidas para dotar suficientemente ao Servizo de Bombeiros e garantir a Seguridade da cidade. Expte. Pleno 4474/1101.
12. Moción do grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno local a adoptar as medidas necesarias para que tódolos días se cumpra co número de 20 efectivos recoñecido nos servizos mínimos e outros acordos complementarios. Expte. Pleno 4480/1101.
Resolucións.
13. Dar conta da Resolución da Alcaldía, de data 24.05.24, de aceptación da renuncia de Dª Ana Laura Iglesias González á dedicación parcial de 26 horas, pasando a percibir indemnización por asistencia ás sesións de órganos colexiados da Corporación e do Organismo Autónomo Xerencia Municipal de Urbanismo. Expte. Pleno 4444/1101.
14. Dar conta da Resolución da Alcaldía, de data 25.05.24, na que se declara loito oficial de dous días polo falecemento dun empregado municipal en acto de servicio. Expte. 1309/1102 (Expte. Pleno 4486/1101).
15. Dar conta de resolucións da Alcaldía ditadas entre o 21/05/24 e o 16/06/ 24, incluídas no expediente 1698/1102 (Expte. Pleno 4481/1101)
16. Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as, ditadas entre o 21/05/24 e o 16/06/24, incluídas no expediente 1699/1102 (Expte. Pleno 4482/1101).
17. Formulación de rogos.
18. Formulación de preguntas.
Documento | Formato | Tamaño | |
---|---|---|---|
Acta Sesión ordinaria 24 de xuño | 1 MiB |