Pleno ordinario agosto 2024
ORDE DO DÍA
1. Actas anteriores: Ordinaria do 29 de xullo e extraordinaria do 20 de agosto de 2024.
PARTE RESOLUTIVA
Ditames das comisións informativas:
SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
2. Determinación das festividades locais no ano 2025. Expediente Pleno 4567/1101.
ORZAMENTOS E FACENDA
3. Aprobación da Conta Xeral do Concello de Vigo e do Organismo Autónomo da Xerencia Municipal de Urbanismo, correspondente ao ano 2023. Expte. 279/143 (Expte. Pleno 4539/1101).
4. Dar conta do estado de execución do estado de gastos e ingresos do orzamento correspondente ao segundo trimestre do 2024, así como do movemento de tesourería por operacións orzamentarias e non orzamentarias. Expte. 287/143 (Expte. Pleno 4575/1101).
Mocións:
5. Moción do grupo municipal do BNG sobre medidas para a mellora da conexión ferroviaria de Vigo e a súa Área Metropolitana. Expte. Pleno 4599/1101.
6. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a asumir os custos de SOGAMA, a través do canon desta entidade autonómica. Expte. 4602/1101.
7. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a investir na mellora, aproveitamento e enriquecemento dos espazos exteriores dos centros educativos públicos vigueses. Expte. Pleno 4603/1101.
8. Moción do grupo municipal Socialista esixindo responsabilidades políticas pola actuación do ex-presidente da Xunta de Galicia e do actual, así como os responsables políticos da Consellería de Sanidade na data da toma de decisión da alternativa de construción e explotación do Hospital Alvaro Cunqueiro. Expte. 4604/1101.
PARTE DE CONTROL
Mocións.
9. Moción do grupo municipal do Partido Popular instando a creación dunha Comisión Especial de Investigación para analizar as circunstancias nas que se produciu e rodearon o accidente mortal na atracción do Saltamontes nas Festas de Matamá. Expte. Pleno 4600/1101.
Resolucións.
10. Dar conta de resolucións da Alcaldía ditadas entre o 22/07/24 e o 30/08/24, incluídas no expediente 1737/1102 (Expte. Pleno 4595/1101)
11. Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as, ditadas entre o 22/07/24 e o 30/08/24, incluídas no expediente 1738/1102 (Expte. Pleno 4596/1101).
12. Dar conta da Resolución da Alcaldía de data 24.07.23, de declaración de loito oficial polos falecidos no naufraxio do buque pesqueiro Argos Georgia en Malvinas. Expte. 1309/1102 (Expte. Pleno 4597/1101).
13. Formulación de rogos.
14. Formulación de preguntas.
Documento | Formato | Tamaño | |
---|---|---|---|
Acta pleno 9 de Setembro | 177 KiB |