Pleno ordinario outubro 2024
ORDE DO DÍA
1. Actas anteriores: extraordinaria do 24 de setembro e ordinaria do 30 de setembro.
PARTE RESOLUTIVA
Ditames das comisións informativas:
ORZAMENTOS E FACENDA
2. Dar conta do Estado de execución do estado de gastos e ingresos do Orzamento correspondente ao terceiro trimestre do 2024, así como do movemento de tesourería por operacións orzamentarias e non orzamentarias . Expte. 290/143 (Expte. Pleno 4666/1101).
3. Dar conta do informe trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos prazos para o pago das obrigacións previstas nas leis, correspondente ao 3º trimestre do 2024. Expte. 28736/541 (Expte. Pleno 4668/1101).
Mocións:
4. Moción do grupo municipal Socialista esixíndolle á Xunta de Galicia a inversión de cinco millóns de euros para a mellora da eficiencia enerxética necesarias nos centros educativos vigueses. Expte. Pleno 4680/1101.
5. Moción do grupo municipal Socialista demandando da Xunta de Galicia unha inversión significativa para a mellora das infraestruturas viarias. Expte. 4681/1101.
6. Moción do grupo municipal Socialista instando ao Presidente da Xunta de Galicia a gratuidade pola utilización da autoestrada AG-57, entre Vigo e Baiona. Expte. 4682/1101.
7. Moción do grupo municipal Socialista demandando da Xunta de Galicia unha inversión significativa para a mellora da fachada de costa, dende Teis ata San Miguel de Oia. Expte. 4683/1101.
8. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia á planificación dos recursos humanos no PAC. Expte. 4684/1101.
PARTE DE CONTROL
Mocións.
9. Moción do grupo municipal do BNG para instalar na cidade un monumento conmemorativo das históricas loitas obreiras de 1972. Expte. Pleno 4676/1101.
10. Moción do grupo municipal do Partido Popular sobre os incumprimentos e inexecucións do goberno local nos investimentos en Teis. Expte. 4679/1101.
Resolucións.
11. Dar conta de resolucións da Alcaldía ditadas entre o 24/09/24 e o 21/10/ 24, incluídas no expediente 1768/1102 (Expte. Pleno 4677/1101).
12. Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as, ditadas entre o 24/09/24 e o 21/10/24, incluídas no expediente .1769/1102 (Expte. Pleno 4678/1101).
13. Dar conta da Resolución da Alcaldía, de data 26.09.24, pola que se resolve que a concelleira, Sra. Iglesias López, desempeñará a súas funcións en réxime de dedicación parcial de vinte e seis (26) horas. Expte. Pleno 3891/1101.
14. Formulación de rogos.
15. Formulación de preguntas.
Documento | Formato | Tamaño | |
---|---|---|---|
Acta 28 de Outubro | 275 KiB |