Pleno Ordinario Novembro 2024
ORDE DO DÍA
1. Actas anteriores: ordinaria do 28 de outubro, extraordinaria do 7 de novembro e extraordinaria do 14 de novembro 2024.
Declaracións institucionais.
2. Declaración Institucional acordada pola FEMP: “Con la cidadanía y los ayuntamientos de la Comunidad Valenciana, Castilla - La Mancha y Andalucia afectados por la DANA”. Expte. Pleno 4721/1101.
3. Declaración Institucional polo 25 de novembro, “Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres". Expte 13434/224 (Expte. Pleno 4719/1101).
PARTE RESOLUTIVA
Ditames das comisións informativas:
SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
4. Aprobación do Plan Anual Normativo do Concello de Vigo correspondente ao ano 2025. Expediente 1742/110. (Expte. Pleno 4714/1101).
Mocións.
5. Moción do grupo municipal do BNG relativa á reivindicación do día 25 de novembro e á necesidade de impulsar compromisos económicos e orzamentarios para garantir a atención á violencia machista. Expte. Pleno 4725/1101.
6. Moción do grupo municipal do Partido Popular referente ao tren de alta velocidade Vigo-Porto a través da saída sur e Vigo-Madrid directo por Cerdedo. Expte. 4726/1101.
7. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a cumprir o mandato do Goberno de España de facilitar a participación dos concellos na xestión e execucións dos fondos transferidos á Comunidade Autónoma e outros acordos complementarios. Expte. 4727/1101.
8. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia que atenda aos colexios de Vigo. Expte. 4728/1101.
9. Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a volta a gratuidade total dos libros de texto. Expte. 4729/1101.
PARTE DE CONTROL
Resolucións.
10. Dar conta de resolucións da Alcaldía ditadas entre o 22/10/2024 e o 17/11/24, incluídas no expediente 1787/1102. (Expte. Pleno 4722/1101).
11. Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as, ditadas entre o 22/10/2024 e o 17/11/24, incluídas no expediente 1788/1102. (Expte. Pleno 4723/1101).
12. Formulación de rogos.
13. Formulación de preguntas.
Documento | Formato | Tamaño | |
---|---|---|---|
Acta pleno 25 de Novembro | 234 KiB |